| O LAICISMO |
|
Sen lugar a dúbidas hai moitos temas de actualidade que poderían ser obxecto de reflexión dentro deste “caixón de xastre” que é o blog. Algún deles con incidencia na nosa cidade como é o caso das protestas dos veciños do Barrio de A Ponte, que mostran a súa desconformidade coa previsible entrega de varias vivendas sociais a persoas da mesma etnia co que consideran que pode constituírse un “gueto” con consecuencias sociais negativas. Espero que no transcorrer das próximas semanas se poda chegar a unha solución partindo de dous principios políticos que me parecen importantes: a Constitución Española (Art. 47) di que “todos os españois teñen dereito a desfrutar de unha vivenda digna e axeitada” e di tamén (Art. 14) que “os españois son iguais ante a lei sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”.
Pero quero referirme a outro tema que no seu día deixei porque estaban demasiado próximas as eleccións xerais e que agora parece que volve e sobre o que vou poñer unas verbas de Peces Barba, coas que estou totalmente de acordo. É dicir tomo como miñas as reflexións que fai dito Profesor sobre o tema da laicidade e a separación da Igrexa e o Estado, tema do que se volve a falar a raíz de unha comparecencia no Parlamento da Sra. Vicepresidenta do Goberno. Di Peces Barba:
“El laicismo, que no es otra cosa que la consecuencia del pluralismo y de la separación entre la Iglesia y el Estado reflejados en las Instituciones, no conlleva que la democracia sea contraria al hecho religioso ni a los estamentos eclesiásticos, aunque frente al clericalismo monopolista haya existido un laicismo agresivo enemigo del fenómeno religioso, sobre todo a partir del siglo XIX. La laicidad, la concepción laica del Estado, es inseparable de la democracia y supone reconocer la autonomía de la política y de la ética pública frente a las pretensiones de la Iglesia de legitimar el poder político vinculándolo con su peculiar concepción de la verdad. En el ámbito católico es un reflejo del agustinismo político, que no acepta que exista una luz propia y autónoma del mundo profano y que sostiene que toda la luz proviene de Cristo a través de su Iglesia, no sólo en su ámbito propio, sino también en el de la sociedad política”.(1).
Peces Barba foi un dos pais da Constitución de 1978 e creo que reflicte moi ben o espírito da mesma neste parágrafo que transcribo. Penso que sería importante partir do mesmo para atopar os vieiros de convivencia e respecto propios de unha sociedade avanzada e democrática como a española.
PECES BARBA, G.: La España Civil, Ed. Círculo de Lectores, Barcelona 2005, páx.64.
|
| José L. Orozco. domingo, 11 de maio de 2008
ás 19:39:04
|
|
|
| REFLEXIÓNS SOBRE O DECRETO DO HABITAT |
|
Nestes días estase a falar, e moito, do Decreto do Hábitat, que hai pouco entrou en vigor. Tanto se ten falado que mesmo se ten dito que hai Alcaldes que nos opoñemos ao mesmo. Hai un xeito de debater tan antigo como o ser humano: partir de premisas falsas para deducir a conclusión que a min me conveña, sobre todo se serve para a defensa numantina do interese partidista. Para que vexan cal é o noso pensar, resumo unha proposición que o Grupo Municipal Socialista presentou no Concello de Lugo para que sexa debatida no pleno do próximo luns.
As NORMAS DO HÁBITAT GALEGO, que derogan as establecidas polo Decreto 311/92, do 12 de novembro, formúlanse dende a perspectiva de mellorar as condicións de habitabilidade das vivendas e do seu ámbito inmediato, tanto se son espazos públicos como privados.
Este loable obxectivo da mellora global das condicións de deseño, calidade e funcionalidade das vivendas, en canto supoña a mellora das condicións de vida dos cidadáns, considerámolo altamente positivo.
Nembargante este obxectivo compartido queda diluído por dúas razóns, unha principal, a súa colisión coa autonomía local e outra, procedimental, que foi a que propiciou a invasión competencia1 como consecuencia da falla do diálogo preciso coa Administración Local, representada polo seu lexítimo interlocutor, que é a FEGAMP. A FEGAMP xa presentara alegacións (maio de 2007) advertindo taxativamente que “determinadas disposicións” do entonces borrador de Decreto “poden atacar á Autonomía Municipal” así como “nalgúns preceptos oponse ao disposto no apartado I.b) do Pacto Local por canto se impoñen procedementos e cargas sen compensación económica”
Dese modo estímase que o Decreto incorre en infraccións do principio de xerarquía normativa por canto contradí outras normas de carácter superior e de infraccións en materia do principio de competencia, na medida en que no respecta o ámbito competencia1 alleo por canto a súa intervención en determinadas materias está moito mais preto da ordenación urbanística que ao establecemento de estándares de habitabilidade, chocando coas competencias propias dos concellos en materia de planeamento (que inclúe a formulación do Plan Xeral e mesmo de certos plans de desenvolvemento) e a través dos procedementos previstos na normativa urbanística. Que facer? l. Sen prexuízo das melloras que o Decreto das Normas do hábitat Galego pretende introducir a prol dunha maior calidade da vivenda en Galicia, se abra un período de diálogo cos Concellos, representados pola FEGAMP. 2. Neste proceso de diálogo, se creen os instrumentos necesarios para modificar determinados aspectos do Decreto, que inciden na Autonomía Municipal e nas competencias Locais, que con garantías de cumprimento, fixera posible a retirada do recurso presentado.
Onde está a oposición dos Alcaldes a mellora das vivendas en Galicia?. Onde está a defensa dos apartamentos galiñeiro, o mercado libre e especulativo?Está conculcada ou non a autonomía municipal? Se non hai resposta dirano os Tribunais. A colaboración está ofrecida desde Maio de 2007 pola FEGAMP e por escrito, desde novembro, polos Alcaldes das grandes cidades de Galicia, agás Pontevedra.
P.D.: Quero manifestar o meu pesar polo pasamento de quen foi Presidente do Goberno D. Leopoldo Calvo Sotelo. É unha das persoas que colaboraron, desde a súa perspectiva, para que se chegara a unha convivencia democrática despois da dictadura.
|
| José L. Orozco. domingo, 4 de maio de 2008
ás 21:06:22
|
|
|
 |
Empezo a realizar este "blog", eu traduciría esa verba por "pequeno caderno de bitácora", no que, coa máxima frecuencia, irei relatando feitos e ideas, fóra do que é o meu traballo diario como Alcalde. É verdade que esa vida profesional, que é a que vivo a diario, vai "contaminar" (influir, marcar...) moito esas ideas, feitos e pensamentos que relatarei. Gustaríame contar coa complicidade dos "internautas" que o desexen no sentido que estimen oportuno. Só o mutuo respecto e os principios constitucionais marcarán os límites. BOA VIAXE...
ARTIGOS RECENTES
» O LAICISMO
» REFLEXIÓNS SOBRE O DECRETO DO HABITAT
» LUGO, MEDRA E MODERNÍZASE
» GOBERNAR
» EN POSITIVO
» I FORO INTERNACIONAL SOBRE DROGAS (2ª PARTE)
» I FORO INTERNACIONAL SOBRE DROGAS
» A DIVERSIÓN
» ESTAR DE VOLTA DE TODO
» PASARON AS ELECCIÓNS XERAIS
ARQUIVO
· maio 08
· abril 08
· marzo 08
· febreiro 08
· xaneiro 08
· decembro 07
· novembro 07
· outubro 07
· setembro 07
· agosto 07
· xullo 07
· xuño 07
· maio 07
· abril 07
· marzo 07
· febreiro 07
· xaneiro 07
· decembro 06
· novembro 06
· outubro 06
· setembro 06
· agosto 06
· xullo 06
· xuño 06
· maio 06
· abril 06
· marzo 06
· febreiro 06
|
|  |